4 abr 2011

De archivo: "Había una vez un barquito chiquitito"

O outro día atopei esto, aparcado nun urbano de Coruña (xa sei que se di atracado pero non estaba nun muelle, así que digoi como quero!). Non parece o mellor sitio para que aparque un barco, sobre todo tendo en conta que o urbano de Coruña é un atraco a man armada.

Tanto medio de transporte xunto fíxome plantexarme a idea de comprarme unha bici... e tamén me fixo pensar (xa que teño tempo libre) en que o primeiro que me veu á cabeza ao ver este barco nun urbano é que aos barcos de papel tamén lles afectou a crise (porque ao mellor ao barco lle sae barato o bus porque ten a dichosa tarxeta Millennium, xa me dirá a que santo lle puxo a vela).

E como pensei na crise, tamén pensei en Zapatero. Xa sabedes, ese señor que ten a culpa de todo.

E despois pensei que é irónico que algúns pensen que Aznar non ten culpa ningunha dos mortos de Irak e non se lle pode chamar ASESINO DE MERDA (nin a el nin a ninguén dos que apoiou tal animalada, que xamáis serán xuzgados por eso), pero que sí que se pode decir sin ningún tipo de reserva que Zapatero ten a culpa ata de perder Cuba. Irónico... ou algo parecido.

Moito da de si un barquiño de papel.

Non teño nada máis que contar, así que me despido.
Que teñades un feliz día da Muller Parada.




Fotolog - publicado o 09/03/2010.

1 comentario:

Anónimo dijo...

A ironía trócase espiral xogando á viceversa. Habelos hainos, tamén, os que pensan que Aznar ten culpa de todo e ZP de nada.