8 feb 2011

Dor de cerebro

Dende fai uns días teño dor de cerebro. Estou rallada, non me apetece facer nada, todo me parece mal, dudo de todo o que teño e do que non teño, non como ben e o que como, dame náuseas, teño unha pedra no estómago todo o día e un agobio encima dos ollos, unha "diadema" de dor na cabeza pola mañá, pola tarde... e casi toda a noite. Teño ansiedade, présa, ataques momentáneos de histeria, choro coas mans tapándome a cara, quero saír da casa pero non me apetece ir a ningún sitio, quero durmir pero non poido, quero pensar pero dóeme, quero ler pero non me concentro, incluso vería a tele si puidera escoitala...
O único que pido, polo que agora mesmo daría algún dedo do pé, por non dicir todos, é que as excavadoras paren de furar a rúa de enfrente á miña casa de Lugo.
Por deus santísimo e por todos os santos.
Pola miña cordura, pola miña tranquilidade, porque non me tire de cabeza pola ventá.
POR FAVOR, CONCELLO DE LUGO, ACABA DE UNHA PUTA VEZ.
Iso si... a praza de San Marcos vai quedar cojonuda...

3 feb 2011

Demencia

O 2 de febreiro saiu publicado este espanto na Voz de Galicia. E eu, como boa venada que son, enviei unha carta ao director e opinei na súa enquisa sobre si "Te parece que el jurado es adecuado para estos casos?".
Como ningunha das dúas opinións enviadas apareceu en ningunha das seccións do xornal na súa web (sabedes que pasa un filtro decidindo si valen ou non para publicar), considero que o mellor vai ser que continúe utilizando como plataforma de expresión das miñas opinións persoais este blog. Creo que o "filtro" da Voz non tiña razón para pensar que a miña carta é irrespetuosa, inadecuada ou ofensiva para alguén, pero o feito é que consideraron que non se adapta ao que eles ¿piden? para as súas cartas ao director.
Co que aquí queda a miña humilde opinión.
E para todos eses que din que me perde a boca, que podería ser máis suave dicindo as cousas, que teño moito xenio e que cavo a miña propia tumba, direivos que tedes razón moitas veces, pero que nesta ocasión calo moito máis do que digo, reprimo moito máis do que deixo sair, e cavo tumba cando podería cavar as catacumbas romanas.
Saúdos!

"Eu non sei si o xurado é adecuado ou non, non son avogada, pero o que si que son é xornalista, e paréceme temible a maneira na que apareceu esto publicado hoxe na Voz de Galicia. TEMIBLE. Creo que a transcrición desa conversa, ademais das posibles normas éticas escritas ou tácitas que ten calquer medio e calquer periodista individual, traspasa tamén os límites do bo gusto. 
"Así son las cosas y así se las hemos contado: en exclusiva": non, señores. Os charcos de sangue (como no caso da muller asasinada hai uns meses, cuxo salón cheo de restos do asasinato gravou e o que é peor, emitiu en "exclusiva" VTelevisión) ou estes testimonios soltados a pelo, NON SON unha exclusiva, non é necesario para comprender o alcance do asunto, non é relevante, non é de bo gusto, non é respetuoso para coa vítima. 
Señoriños, en definitiva: NON É SERIO. E tinguir os asuntos serios de morbosidades flagrantes como esta, non axuda nada, nada, nada, á loita contra a merda que son os malos tratos e a violencia contra as mulleres e contra as persoas en xeral. Non axuda NADA. Así que igual que outras veces dou a noraboa á Voz de Galicia por tratamentos informativos, esta vez non vos dou un cero, douvos un menos dez. Saúdos."