7 sept 2009

Esperando estou

Esperar a acabar de estudiar.
Esperar no paro, a que alguén se apiade de min e me dé un contrato noxento de prácticas, coma quen que me fai un favor. "Para aprender".
Esperar a que un banco podre de pasta me dé un crédito para poñer esa tenda de animais que poñerei cando me de conta definitivamente de que o mundo da comunicación é unha noxería (non me vai facer falta esperar para iso, polo menos).
Esperar a que alguén me de un traballo decente para ter un fillo, por fin.
Esperar entón que non me manden á merda cando me quede embarazada.
Esperar a xuntar algún euro para pintar a miña casa. Teño sorte, xa teño casa, non terei que esperar a que o banco podre me dea pasta para un piso.
Esperar a que a peña que ten a pasta me goberne, dispoña a miña vida, para despois dicir na miña cara que non teño fillos porque non quero, porque son unha loca bisexual desarraigada quenon ten valores e prefire a cocaína e a marihuana á súa familia.

Vai esperar dios.

Este ano é o último que paso diante dun ordenador... e que se vaian todos á merda, co traxe e coa corbata. Eu vouno pasar ben.