27 ago 2009

AUTOVÍA POR SAN MARTIÑO, NON


Todo movemento é pouco! E por eso, un "colectivo anónimo" creou este blog www.poraquinon.blogspot.com para dar apoio a todos aqueles que se opoñen ao trazado aprobado da autovía Barreiros-San Cibrao, que machaca sin miramentos unha das parroquias máis atractivas ecolóxica, patrimonial e paisaxísticamente: SAN MARTIÑO DE MONDOÑEDO.

A razón que alegan os que insisten en que é o trazado perfecto, a pesar de que machaque San Martiño (pasando polo Carme, o cano dos Mouros, a Basílica e o Bispo Santo) defende que o polígono industrial de Foz (que, para os que non o seipan, está en Fazouro, a pesar de que hai naves industriais sementadas por todo o concello) necesita, como mínimo, unha autovía que lle pase polos fuciños para que o concello se desarrolle como corresponde. Crearanse mogollón de postos de emprego e tal e cual cando o polígono funcione como un polígono. En eso estamos de acordo. Pero non cremos que a autovía teña que rodear Foz e pasar polos dentes do polígono para que éste funcione como tal, xa que o acceso da Espiñeira está a menos de 5 minutos de Foz. Si o polígono non funciona, será por outra cosa.

Que amañen as carreteras secundarias e se deixen de monstruos de asfalto.

Grazas pola vosa atención, que sei que a tiven :P

Saúdos!