24 nov 2008

GRACIAS! (porque non todo é protestar...)


Quero escribir un post exclusivamente para dedicalo a algunhas persoas que viven neste mundo, donde vivimos todos, pero que teñen a peculiaridade de facelo moito máis agradable para min.

-As persoas que me poñen boa cara pola mañá, aínda que elas tamén madrugaron.
-As persoas que poñen boa cara pola noite, aínda que tamén tiveran un día de cans rabiosos.
-As persoas que esconden as ganas de chorar só por axudar a outros a sorrir.
-As que non me riñen cando faigo as cousas mal.
-As que sí que me riñen.
-As persoas que me preguntan "Como che foi o día?" e escoitan a miña resposta.
-As persoas que me deixan pasar diante, aínda que o atasco seña igual de jodido para eles.
-As persoas que valoran as cousas máis pequenas, sobre todo cando están debaixo de unha moito máis grande.
-As persoas que, cando permanezo en silencio e con mala cara ao seu lado, saben que é solamente porque me apetece estar con elas (e destas hai poucas).
-As persoas que non interrumpen cando está falando outra, porque eso significa que están escoitando e que consideran a posibilidade de que o que esteña decindo a outra pode ser máis interesante que o que ía dicir ela (e destas hai moi, moi poucas).
-As persoas que se rin de chorradas.
-As que alegran o día a día con un comentario ou unha sonrisa.
-As persoas que prefiren falar de estupideces neses cinco minutos libres antes que queixarse do que vai mal e do que ó mellor vai mal, e tamén do que ía mal antes.
-As persoas que non cambian.
-As que sí que cambian.
-As persoas que creen que o Nadal é unha maniobra consumista de El Corte Inglés.
-As que reconocen que, así e todo, lles gusta moito o Nadal.
-As que pensan que o detalle é o que importa (sobre todo este Nadal...).
-Esas persoas que saben ignorarme cando merezo ser ignorada.
-As que saben os momentos nos que ignorarme é, para min, como darme unha patada na cabeza.
-As persoas que saben ver cando o malo é malo.
-Esa persoa que me espera nunha cociña caótica, coa cea feita, despois de un deses días (ou unha desas semanas) de cans rabiosos.
-Esa misma persoa, que é capaz de convertir o día de cans nunha noite de risa e tranquilidade como nunca antes tivera.

E tamén a miña mamá, aínda que nunca veña ver o meu blog :)

No hay comentarios: