1 dic 2008

Gracias (2), ou o "embigo" do mundo :)


Hoxe tiven un día reflexivo... antes que nada, pedirei perdón por este post atípico do meu blog, que mezcla cousas miñas con filosofías de vida (miñas, tamén). Debe ser o mal tempo, ou o impaciente que estou porque cheguen as vacacións... o caso é que estou egocéntrica, e como esto é un diario ególatra...



Hoxe dediquei a maior parte do día a pensar no meu propio ombligo (embigo en galego, juju), ou o que é o mesmo, nas miñas cousas (algo ó que lle dedico moito tempo, últimamente máis), con un nudiño na garganta que non desapareceu aínda. Cheguei a varias conclusións que vou resumir:
1. A xente que ignora deliberadamente as opinións dos demáis, cando xa manifestou a súa, ten un problema moi grave de educación e civismo. E si a dos demáis non coincide coa súa casi nin no idioma utilizado para expresala, non che digo nada.
2. As personas que intentan facer da súa vida o centro do universo mostran que non teñen absolutamente ningún civismo, e que poden presumir dunha educación carente en moitísimos sentidos.
3. As personas que pensan que conocen a outras personas solo por participar dun par de conversacións máis ou menos íntimas, deberían meterse a lingua por algún sitio (polo embigo?) antes de arrancarse a falar do que non teñen nin idea.
4. E por último, as personas que interrumpen por sistema (cada vez o soporto menos) deberían pararse a pensar que, ó mellor, quenes sobran na conversación son elas e non os demáis.

En fin, non son conclusións moi productivas... pero reafirmanse cada vez que alguén fai gala diante de min de algunha desas maravillas naturales que demostran que da igual donde te atopes, sempre vai haber alguén disposto a pisotearte a ti e ás cousas que che importan, por impoñer o seu embigo.

Menos mal que a maioría non é así.

(E menos mal que te teño a ti)

Bikiños a todos, e en especial a aqueles cos que se pode falar de todo... que hoxe tamén me quedou claro que existen :)

1 comentario:

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.