19 nov 2008

Vinagreira e cucharillas


Sempre me preguntei si se di cucharadilla ou cucharillada. Moita xente me defendeu unha das dúas maneiras de referirse ás "cucharadas pequenas" en español (si, a veces logro que a xente se emocione falando de paridas, con perdón da palabra) pero sigo pensando que é algo no que a humanidad nunca se poñerá dacordo (outro día, falarei deso...). Recentemente surxeume outra duda existencial nese mesmo ámbito.
E a duda era: ¿cómo se chama o "couso para meter as movidas", ou "chisme do aceite e do vinagre e tal", ou "rollo de meter o sal/vinagre/pementa"? Eu estou segura de que nalgún sitio lera ou oíra (ou imaxinara?) que se chamaba comborio, ou camborio ou comboloi ou algo así, pero no... comborio e camborio non existen, e komboloi (con K de Kostilleta) é o collarito ese co que xoga a xente en Grecia (en serio).

Pero o "rollo de meter o aceite/vinagre/sal/pementa" chámase VINAGRERA, ou VINAGREIRA en galego. ¿Por qué? o vinagre nin sequera é o ingrediente máis utilizado dese conxunto. Desde a miña experiencia poido afirmar que se usa máis o sal e o aceite, despois o vinagre, e despois a pementa. O vinagre é o terceiro en discordia, así que esto é un caso clarísimo de vinagrismo. Evidentemente non se pode chamar aceiteira, porque xa existe e non é o mesmo, nin salero, nin pementeira porque xa sería o colmo (pimenterismo...?). E en calquer caso, sería inxusto que con unha sola palabra designásemos a todo un conxunto.

É un caso de discriminación racial, machista e clasista (si é que hai , razas, sexos e clases dentro dos complementos hosteleiros) acerca do cal niguén (máis ca min) eleva protesta ningunha á academiadelalengua, nin á academiadalingua, nin a nindiós.

Reivindico desde o meu espazo un nome non separatista, XA! Empezamos dándolle prioridade ó vinagre, remataremos por aceptar a independencia de Galicia, dos cataláns e dos vascos, e a súa superioridade.

O fin do mundo achégase... facede o favor de pasarme o sal!

2 comentarios:

Marina dijo...

ajajajajaja! A mi tambien me parece injusto que ese "rollo" se llame Vinagrera! Yo propongo que lo pasemos a llamar comboloi (ajaja) para que no haya ningun tipo de discriminacion. Y, ademas, deveriamos proponer al libro de estilo de La Voz que adopte el nuestro termino ya que es mucho menos discriminatorio!

Miguel García dijo...

apoio comboloi!
couso xa ten demasiados significados
iso tamén