17 nov 2008

Álvaro Cunqueiro... ou unha benvida oficial :)

Bos días, boas tardes e boas noites a todos! :)

Como xa sabedes algúns, tiña pendente esto de renovar o meu blog... e facelo visible a todos aqueles que queiran lerme para amarme, odiarme, insultarme ou tomarme como exemplo a seguir na súa vida diaria (uuuh!)

A versión orixinal deste blog continúa na miña mente. Teño que confesar (si é que non se me ve na cara) que a miña mente é un sitio que imaxino como un desván oscuro, ruidoso e salpicado de estrellitas fugaces, onde moitas veces hai máis mentiras que verdades.

E vou explicar esto con unha historia real, en cursiva para que parezca máis unha historia e en letra grande para que parezca máis real:

De pequena, contáronme que un señor atopara unhos papeles vellos na súa casa, escritos nunha lingua que non coñecía.

Como pensou que podían ser importantes, foi ver a un amigo seu que controlaba algo da lingua descoñecida. O amigo contoulle que en efecto, eses papeles eran as explicacións necesarias para atopar algo que sería moi importante para a humanidade (un tesouro?).

O señor emocionouse bastante, como faríamos todos no seu lugar, e foi correndo á casa dun segundo amigo que sabía falar tamén o idioma en cuestión. Ese segundo amigo, sorprendido (ou eso creo, vaia), aseguroulle que eses papeles eran unha merda (con perdón, hai palabras que é necesario utilizar), que non valían nin para facer lume, e que o amigo número un lle estaba gastando unha broma.

E tiña toda a razón do mundo.

O pobre do señor tomouno con filosofía e continuou coa súa vida. Cando se atopou co amigo número un, preguntoulle:

- Oíches, mona... (esto son licencias que eu me tomo, non sei si foi eso exactamente o que lle dixo, jeje) por qué me metiches a bola cos papeles eses que che levei? O que me dixeches era todo mentira!

E o amigo número un respondeulle:

- Xa o sei... pero non me negarás que a miña historia era moito máis bonita.

E esta vez era el o que tiña toda a razón do mundo.

Así que, co voso permiso ou sin el, neste blog "anovado" non vou faltar á verdade, pero tampouco a esas mentiras bonitas que nos fan a vida máis entretenida, ás que contamos por amor, ou esas outras que nos fan amar a verdade. E para qué negalo, as outras mentiras, as malas, as jodidas e apestosas que pretenden ou non selo, tamén merecen unha mención especial, aínda que solo seña polo dano que provocan.

Outro día falamos de donde poñer o límite... mentras tanto, nenas e nenos, benvidos ó meu plof... digo, blog!


1 comentario:

Miguel García dijo...

Ola.
Para mín o límite esta nos principios e nos fins, que son irrenunciables. Calquer outra cousa e opinable, xogable, negociable...
Saúdos. A seguir estando.