
A primeira, máis científica, di esto:
Los gallegos tienen genes más afines a los húngaros que a los andaluces
Algo que todos sabíamos, pero que poucos se atreveran a dicir.
E a segunda, con un tono superior de enxebritude, típica de Galiza e, como non, da Voz, di esto:
La policía abate a tiros un becerro descontrolado que hirió a un agente, provocó choques de automóviles y sembró el desconcierto
Atención, por favor, á primeira frase da noticia: "Un becerro causó desconcierto al pasearse libremente por las calles de A Coruña, antes de caer abatido a tiros por la Policía Local".
De esto despréndese que pasearse causando desconcerto é algo que non se debe facer a risco de que te abatan a tiros. Tede cuidado, sobre todo si sodes xatos (porque a palabra "becerro" aquí debería estar prohibida!) e vades de compras por Coruña.
É esto o que consigue o Nadal?: que todos pensemos que o que nos rodea é o mellor, o máis curioso, o máis bonito, o máis chamativo... O Nadal consigue que faigamos dunha parida un titular de catro liñas? É o Nadal o que fai que tratemos un xato como un dos robots asesinos de La Guerra de los Mundos?
Eso xa non o sei.
Saludos a todos, e Bo Nadal, en calquer caso :)
No hay comentarios:
Publicar un comentario