Confeso que nestes últimos meses fun infiel á miña Casa de Colorines dixital noutro blog, un de cor rosáceo onde conto as miñas alegrías de premamá, pero a Casa de Colorines é a miña casa... tanto a dixital como a física, que por certo, será tamén a primeira Casa onde viva a miña nena as súas primeiras semaniñas de vida.
Así que... despois de moitos meses de silencio, a Casa de Colorines volve ter quen a habite. Temos unhas semanas para redecorala, reaxeitala, revivila por dentro e por fóra cunha nova etapa que marcará, como din os pouco orixinais, o comezo da mellor etapa das nosas vidas.
Con este post, doume a re-benvida a min mesma á miña propia casa. A casa con mellores vistas do mundo enteiro.
2 comentarios:
Re-benvida! =)
...e tamén: ven vida! Que feliz vai estar nesa casiña... quen non o estaría rodeado de colorines?
Revivila, revivila, que cando comece a andar xa a revivirá ela á súa maneira! jaja :D
El Principito
*vén vida!
Publicar un comentario