3 feb 2011

Demencia

O 2 de febreiro saiu publicado este espanto na Voz de Galicia. E eu, como boa venada que son, enviei unha carta ao director e opinei na súa enquisa sobre si "Te parece que el jurado es adecuado para estos casos?".
Como ningunha das dúas opinións enviadas apareceu en ningunha das seccións do xornal na súa web (sabedes que pasa un filtro decidindo si valen ou non para publicar), considero que o mellor vai ser que continúe utilizando como plataforma de expresión das miñas opinións persoais este blog. Creo que o "filtro" da Voz non tiña razón para pensar que a miña carta é irrespetuosa, inadecuada ou ofensiva para alguén, pero o feito é que consideraron que non se adapta ao que eles ¿piden? para as súas cartas ao director.
Co que aquí queda a miña humilde opinión.
E para todos eses que din que me perde a boca, que podería ser máis suave dicindo as cousas, que teño moito xenio e que cavo a miña propia tumba, direivos que tedes razón moitas veces, pero que nesta ocasión calo moito máis do que digo, reprimo moito máis do que deixo sair, e cavo tumba cando podería cavar as catacumbas romanas.
Saúdos!

"Eu non sei si o xurado é adecuado ou non, non son avogada, pero o que si que son é xornalista, e paréceme temible a maneira na que apareceu esto publicado hoxe na Voz de Galicia. TEMIBLE. Creo que a transcrición desa conversa, ademais das posibles normas éticas escritas ou tácitas que ten calquer medio e calquer periodista individual, traspasa tamén os límites do bo gusto. 
"Así son las cosas y así se las hemos contado: en exclusiva": non, señores. Os charcos de sangue (como no caso da muller asasinada hai uns meses, cuxo salón cheo de restos do asasinato gravou e o que é peor, emitiu en "exclusiva" VTelevisión) ou estes testimonios soltados a pelo, NON SON unha exclusiva, non é necesario para comprender o alcance do asunto, non é relevante, non é de bo gusto, non é respetuoso para coa vítima. 
Señoriños, en definitiva: NON É SERIO. E tinguir os asuntos serios de morbosidades flagrantes como esta, non axuda nada, nada, nada, á loita contra a merda que son os malos tratos e a violencia contra as mulleres e contra as persoas en xeral. Non axuda NADA. Así que igual que outras veces dou a noraboa á Voz de Galicia por tratamentos informativos, esta vez non vos dou un cero, douvos un menos dez. Saúdos."

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois ó mellor fas todo o contrario de cavar a túa propia tumba, aquela persoa que expresa o seu pensamento sin pensar en posibles "represalias laborais" nunha profesión como é o periodismo deberá ser valorada polos responsables como alguén que ten verdadeira vocación e non como aqueles outros que se dedican a publicar o que eses responsables queiran ler,ver ou escoitar

por certo son oskar, paso de crear conta google

Anónimo dijo...

¡Estas viva! ¡Sentes e padeces! ¡Noraboa!