18 mar 2011

Mañá

Ao final, sube cansinamente a costa cara ao portal daquel piso frío, decorado (decorado?) cunha morea de adornos, unha mezcla doutros fogares que de ningún xeito forman un fogar seu. "Un día teño que comprar un cadro para esta parede", "cando teña algo aforrado, cambiarei as ventás", "cando el volva, dareille abrazo, un bico e direille que non son nada sen el". Abre a porta, deixa a compra no chan, séntase na silla da cociña mentres come unha mandarina e mira ao infinito. O infinito é acolledor, non ten paredes.

Sempre pensara que a vida llo presentaría todo dunha forma moito máis romántica. Non fácil, pero romántica. Si perdera todo o que perdera por gañar outras cousas, por que non ve agora a felicidade que se lle prometera tras cada decisión? tras cada renuncia? Por que ten a sensación de que o fracaso a persegue a curta distancia, sin perdela de vista, tras cada columna de espello do supermercado, baixo o paraugas que olvidaba ao pé da porta do bar de sempre (non hai outro), no ascensor, no buzón... Por que deixarse levar por un amor profundo non lle trouxo nada máis que eso: nada? Bótao de menos. Que hora é? Faltará unha hora para que chegue. Quere un abrazo, un abrazo del, máis acolledor que o infinito. Recorda eses abrazos, calor, protección... non dan tanto medo como o infinito. E diralle o que o quere. Que non é nada sen el.

Sentada na silla, recolle as mandarinas (saíronse da bolsa) mentres pensa no seu pasado e na súa cabeza sona: parva. Tonta. Burra. Unha e mil veces. E pensa que, si houbera tido pequenos, hoxe lles diría: "non vos deixedes levar. Loitade. E sobre todo, que loiten por vós. Non vos creades o que vos prometan, crede o que vos demostren. Non renunciedes aos vosos soños por ninguén. Quen é importante non deixará que renunciedes, axudaravos sempre a conseguilos e estará con vós ata o final. Como prometeron ao principio". Dirialles iso.

Menos mal que non os tivo, por unha cousa ou por outra... nunca foi o momento. Ao final, eso fora o mellor. Total, de todo aquelo que de nova se prometera darlle aos seus fillos, nada tiña. Nin el tampouco. Cariño? Amor? si. Pero á súa maneira. Unha que ninguén máis que ela entendía (e so ás veces). Será porque non había máis ollos que viran ese amor. Xa non.

Levantouse e foi cara o baño, abriu a ducha. Hoxe tampouco o esperaría esperta. Xa o abrazaría mañá. Xa lle diría todo iso mañá... si é que mañá seguía alí. "Porque dixen que me iría, e algún día o farei". Pode que mañá.

1 comentario:

Cristina - The froggie touch dijo...

Pocas cosas hay peores que la pasividad...