
Hai momentos nos que penso que cantos máis defectos meus asumo, mellor encaixo no mundo este no que, por sorte, me chantou Sandiós (demasiado tempo co meu prometido e coa miña nai, sintoo :P).
Hoxe foi un deses días.
ENUMERACIÓN DIGNA DE UN DIARIO EGÓLATRA (pero ó revés):
-Teño "un pronto moi malo". (Hoxe saleu).
-Como igual que si acabara de despertarme e de salir do furado (ou burato) tras varios meses de siesta. (Hoxe devorei).
-Non aprecio as cousas ata que as perdo, ou me perden. (Perdín unha tarxeta, un botellín de auga, o libro de instruccións do coche, o cargador da DS, as chaves de casa de César e un boli... e perdeume o xenio).
-Sei escoitar, pero non sei como facer que os demáis seipan que estou escoitando. (Pásame tódolos días... hoxe non. Hoxe realmente non estaba escoitando).
-Rompo os libros cando leo porque os retorzo e marco as esquinas das páxinas (Tom, I'm sorry... baby :P ).
-Son esaxeradísimamente desordenada (teño máis tikets da hora no coche que ten a máquina que os cuspe).
-Gasto máis pasta cando non teño que cando si (e teño tres contas en tres bancos... e en ningunha das tres hai nada máis que plantas rodadoras).
-Odio planchar (e opto por colocar as camisetas debaixo do colchón para que se alisen...).
-Olvídome de todo (de colocalas, así que nunca as teño lisas pola mañá).
Hoxe tiven un dia ególatra (ó revés). O mundo estivo absolutamente loco, e arrastroume a un cúmulo de pesimismo e estrés durante todo, todo, todo o día.
Ata o final, no que todo desapareceu... fundamentalmente por catro razóns:
-Hai xente que pode ser increiblemente paciente (xente increíble, ó fin e ó cabo).
-Hai máis mundo detrás do meu egolatrismo.
-Hai ensaladilla de cena.
-Hai House de postre.
Boas noites a todos!
2 comentarios:
Do teu veciño de voces e de egos...
E de maneira rebuleira...
Ben pola ensaladilla!
Ben por House!
Ben por escoitar!
Ben por entenderse!
En definitiva... moi requeteben.
Grazas por vir!!
Miguel García
a.miguelgarciacorral@gmail.com
http://egoexcentricos.blogspot.com/
firmoche hoxe pola paciencia da xente...e polos teus"adorables defectos":p
Publicar un comentario