21 ene 2009

Nudos de garganta


Hai días (os días de nudo de garganta) nos que todo desfila por diante de ti sin que che importe unha merda, aínda que señan cousas importantísimas para a humanidade enteira.


Todas esas trapalladas ás que damos tanta importancia no día a día, que nos rodean de lonxe ou non tan lonxe, quedan completamente eclipsadas cando o máis cercano falla. Non sei si pasa o mesmo coas personas
"estudiadas", "lidas", as "eminencias"... pero polo menos para a xente simple (coma min) o mundo pode pecharse nun segundo. Cando fallamos, todo desaparece: a crise, a bolsa, Obama, o 1 de marzo, e o 2, e o 3...

De repente, para unha persona simple (coma min) temas que sigo casi con obsesión fanse nimios, traballos que parecen vitales, difumínanse; xente a quen ontes sorría empeza a preguntarse porqué hoxe non; e a fame (ou gula) que sempre tiven convírtese nunha nudo na garganta que é imposible tragar.

Decíao John Lennon (e era moi listo, aínda que non sei si chegaría a ser "estudiado", "lido", ou "unha eminencia"): a nosa vida é o que pasa mentres facemos outros plans, nos preocupamos doutras historias, falamos da vida de outros. Atendemos a cousas que poden ser moi, moi importantes para a humanidade enteira, que fan o noso día a día sobre unha base máis ou menos forte. Saber de moitas cousas é importante, é bonito, danos nivel e danos de qué falar. Eso pensamos as personas simples (coma min).

Ser "estudiado", ser "lido"... entretén moito nesta vida. Quén me dera chegar algún día a ser a metade de sabia que moita da xente "estudiada" que coñezo. Aprender a facer que o mundo seña tan sinxelo como para ver todo nos libros, ou centrar o universo en Obama, crise e bolsa...estou desexando chegar a ser "unha eminencia".

Seguramente así aprenderei a tragar nudos de garganta. E si non... qué?



2 comentarios:

Anónimo dijo...

Dame medo solo de pensar que pasaría se foramos capaces de tragar os nudos de garganta, de simplemente non sufrir coas cousas que nos doen, non estará eso moi preto de non sentir?
Prefiro sufrir moito cando me toque si eso implica ter a capacidade de disfrutar un bo momento. Ademais, si todos foran bos momentos perderiamos a perspectiva e tampouco disfrutariamos; o motivo polo que gusta durmir ata as 12 o Sabado é que estiveches toda a semana madrugando, non?

Anónimo dijo...

Enténdoche á perfección, e creo que todos o entenden... penso que as eminencias son os grandes teatreiros neste mundo, no bo sentido eh? é dicir, saben disimular quizá mellor ca ninguén, quizáis tamén porque reparan en darlle unha fórmula ou unha teoría a ese "acontecemento magnífico da natureza" como así o chamarían, cando o que terían que facer é simplemente deixar que as bágoas mollaran un pouco as súas cacholas pensantes.

Espero que o 4 de setembro (o meu cumple) non se repita esa sensación que vénme a visitar tódolos anos (si, "tódolos" non "todos os" xD) nesa mesma data. O deixo nas máns de Coldplay :)