5 jun 2011

Un día subimos xuntas no bus do cole...

... desde ese día, pintamos xuntas cos plastidecor, fixémonos trenzas (nese pelo taaaaan largo que ela tiña), publicamos "exitosas" revistas escolares (tanto en proxectos conxuntos como facéndonos competencia desleal), copiámonos en centos de exames (mellor dito, nalgún examen non nos copiamos), estudiamos xuntas, pasamos xuntas as primeiras noites de venres nas que éramos libres, defendímonos unha á outra de aqueles que lastimaron o noso orgullo de adolescentes (uns e unhas máis, outros e outras menos), chamámonos a horas intempestivas para compartir eses choros cando a vida empezou a facer un pouco de dano, e tamén para compartir risas contaxiosas cando os malos tragos pasaron e nos dimos conta deso: de que incluso o peor, cando tes en quen apoiarte, pasa, e as cousas que che trae a vida fan que non poidas deixar de sorrir.
Desde o día que subimos xuntas no bus do cole, está entre esas poucas persoas que conto cos dedos dunha man: nas duras e nas maduras...
Que si, todo parece indicar que maduramos. De beber cantimploras con sabor a fresa sentadas nun portal,  martinis con limón en vasos de litro (ou calquer outro brebaxe), cafés polas mañás para espabilar, tés nas tardes de confesións... pasamos a beber onte champán no día da súa boda, un día no que Ana non puido deixar de sorrir: o primeiro día de moitos que están por vir ("é o que ten namorarse!", díxome cando nos despedíamos).
E eu espero que sempre me contaxies a túa alegría igual que o fixeches onte, Anus! que vos vaia moi ben, que todo sexan cousas bonitas (ou a maioría), que teñades sobriños para min pronto, que sexades moi felices e que comades... sardiñas con pan de broa... ou algo parecido :)
Noraboa, guapa! Quérote.

No hay comentarios: