Ás dez da noite, moitos galegos estaban na sala de estar da súa casa, ou no bar, ou facendo a cea na cociña... e moitos miraban a televisión. Algúns con un sorriso espléndido, outros dificilmente podían agochar o seu desencanto, e moitos esperaba impacientes a que se lles permitise cambiar de canle.
A moita xente, ontes, lle era indiferente que gañasen uns ou outros. Moitos non foron votar porque chovía. Outros votaron a partidos pequenos para castigar a Touriño e a Quintana, sen darse conta de que desa maneira, con este sistema electoral, estábanlle a facer un favor a Feijóo.
E así, das tres opcións que había, gañou unha por goleada ás outras dúas. ¿Por que? «Os outros non me gustan, pero estes decepcionáronme», dicíame ontes unha das moitas persoas que non votou. O mesmo que algunhas das que votaron en branco, aténdose así á maioría popular (ou PPopular, que é o mesmo).
Así, vese o que hai. O que hai é que somos un pobo que ousou cambiar de goberno durante catro anos, abocarse ós que algúns creían que sería un fracaso total da esquerda galega. A ruina, o desastre, o fin do mundo.
E que pasou? Exactamente eso non, pero casi. O que houbo por parte do Partido Popular foi unha campaña sucia, na que sacaron lixo a esgalla para todos: a silla e o coche de Touriño (igualiños aos de Fraga), a suposta violencia doméstica de Quintana, a tendencia sexual de non sei quén e a crise, sobre todo a crise. A crise a nivel mundial, que é culpa de Touriño e de Quintana.
Ben deitamos os galegos de que agora chega Feijóo para salvar o mundo. Este señor vainos rescatar da crise, culpa de Touriño e de Quintana. E non só a nós: acabará coa crise en toda España, e en Europa, e seguramente poida coa de Estados Unidos. Eso é o que nos dixeron nesta campaña na que a «maioría absoluta» dos galegos confiou. Unha maioría á que non lle asusta o despido gratuíto («a ver si nos quitan a crise!»), unha maioría decepcionada por catro anos de goberno de esquerdas, pero non por dezaséis anos de goberno de un ex ministro de Franco.
Lástima que non contemos xa co señor Manuel Fraga, que como bon ex franquista sabería cómo poñerse autoritario agora que toca aforrar.
2 comentarios:
O de Fraga o estaba esperando a medida que lía, e apareceu, menos mal. Creo que con esa frase se resume todo un pouco. Ós que din que hai que dar un voto de confianza lles digo que houbesen votado entón TODOS a Esquerda Unida o al Gato ese ou, agora que o menciono, ós Verdes...
en fin, unha merda... o curioso do tema é que cando o estaba "olvidando", metín o periódico de hoxe e atopei a portada do luns co home ese malo y feo... e alegreime polo menos un poukiño: aínda que tódolos días me piden o periódico, meus pais onte se... ¿olvidaran...?
Juju, xa sabes que Fraga é o meu ídolo. Non podía esquencerme del (e a este paso, tampouco poderei :S)
...
Bikiños!
Publicar un comentario