27 ago 2009

AUTOVÍA POR SAN MARTIÑO, NON


Todo movemento é pouco! E por eso, un "colectivo anónimo" creou este blog www.poraquinon.blogspot.com para dar apoio a todos aqueles que se opoñen ao trazado aprobado da autovía Barreiros-San Cibrao, que machaca sin miramentos unha das parroquias máis atractivas ecolóxica, patrimonial e paisaxísticamente: SAN MARTIÑO DE MONDOÑEDO.

A razón que alegan os que insisten en que é o trazado perfecto, a pesar de que machaque San Martiño (pasando polo Carme, o cano dos Mouros, a Basílica e o Bispo Santo) defende que o polígono industrial de Foz (que, para os que non o seipan, está en Fazouro, a pesar de que hai naves industriais sementadas por todo o concello) necesita, como mínimo, unha autovía que lle pase polos fuciños para que o concello se desarrolle como corresponde. Crearanse mogollón de postos de emprego e tal e cual cando o polígono funcione como un polígono. En eso estamos de acordo. Pero non cremos que a autovía teña que rodear Foz e pasar polos dentes do polígono para que éste funcione como tal, xa que o acceso da Espiñeira está a menos de 5 minutos de Foz. Si o polígono non funciona, será por outra cosa.

Que amañen as carreteras secundarias e se deixen de monstruos de asfalto.

Grazas pola vosa atención, que sei que a tiven :P

Saúdos!

4 comentarios:

Anónimo dijo...

antes non habia traballo porke non habia poligono, agora pola autovia, logo sera polo porto deportivo exterior...¿non será ke agúns queren que lles pase cerca do hotel ou dos apartamentos ke ten sen vender??

asinado: javi

Anónimo dijo...

O UNICO TRABALLO QUE TRAE A AUTOVIA E UNICAMENTE PARA OS QUE A FAN E NOS DEIXAN O MOUNSTRUO FEITO E TAMEN ALGUNHA QUE OUTRA COMISIÓN PARA ALGUÉN

Anónimo dijo...

as comisións ben che sei eu que nas papa

Nammu dijo...

Una pena si hacen eso por que la zona es muy bonita. Si seguimos urbanizandolo todo, lo más natural que llegaremos a ver será el cesped artificial...