9 feb 2009
Dan ganas de meterse a española
Eu son galega, e os meus fillos falarán galego e terán nomes galegos. Cando me preguntan, sempre digo que falo español coa miña familia, e galego co resto do mundo (un mundo que é moi grande). Non me importa recoñecer que incluso me sinto incómoda falando español con quen normalmente me fala galego, e ó revés. O meu cerebro pensa en galego, pero a veces tamén en castelán. Eu teño a cabeza bilingüe, con un favoritismo claro hacia o galego.
Creo que en Galiza debe falarse e priorizarse o galego, polo menos debe ser a opción predefinida. Si alguén quere falar castelán, ten un país ó lado onde se fala moi ben. O idioma que debe ser protexido neste momento da historia non é o castelán, é o galego. E eu son libre de opinar esto...
Pero non hai que ser fillo de puta, nin animal, nin facer o que se nos fixo ós galegos durante anos. Non se pode afogar a ninguén, todos temos dereito a falar, a opinar, a manifestarnos libremente. Nunca sentín tanto noxo por Galiza, polo meu país do que me sinto orgullosa, como ontes. Non se pode permitir que uns putos cerdos fascistas arremetan contra quen se manifesta libremente nun país como o noso, e moito menos que a esa panda de energúmenos se lles identifique cos mesmos principios que abandero eu, e moitos dos meus amigos.
Eu, e os meus amigos, xente que nunca, xamais, nin en centos de millóns de anos, lle zoscaríamos a ninguén (nin a un novo nin a un vello) por pensar diferente, parecido, mellor ou peor.
Porque eu non quero un país con numeritos como o de ontes. Non me gusta que en Galiza exista medo a pensar, a ser libre, a vivir. Non me da a gana de ter que mirar para atrás cada vez que me manifeste por si ven un preadolescente toleando con ganas de feira. Non quero que Galiza aprenda da merda dos demáis, e si o fai, merda pa ela. Eu defendo o meu país porque o considero meu, diferente, bon, digno de que dedique o meu tempo e esforzo a defendelo. E os bicharracos como os de ontes en Santiago non merecen defensa, non merecen chamarse galegos nin loitar polo mesmo que eu, e que os meus amigos.
Galiza quere demostrar que pode crecer e aprender a cruzar sola a rúa. E números como este fannos caer de cú a todos. Así que por favor, preadolescentes hormonados con ganas de feira… vade montala ó patio, xa nos encargaremos os maiores de face-lo traballo sen cagala.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Os brutos que fan este tipo de cousas non saben que fan mais dando aos seus que a naide.
Están moi contentos defendendo a sua lingua a ostias. Pero seguramente estarían igual de contentos defendendo a superioridade da raza aria.
O caso é descargar adrenalina e repartir leña.
Realmente penoso.
Como che dixen, a miña opinión é que se pensan más galegos ca min, e iso é realmente penoso, porque o único que fan é dano.
E eu que sempre vin a prioridade de Galicia ou España da mesma maneira que cando che preguntan de pequeno a quen queres máis, a papá ou a mamá...?
Está claro que podeste decidir, pero non lle botes pedras a túa nai ou o teu pai, aínda que sexa tan só porque algún día quizáis teñas que ir onde eles... sempre que sepas onde está Ribeira ou Ponferrada, claro.
Eu xa fun, e xa voltei.. e si teño que ir outra vez será porque non me quede máis remedio!
Invitovos a ler o artigo 5.3 do estatuto de autonomia de Galicia:
" Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilita-lo seu coñecemento. "
Asi que esta clarisimo que a ensinanza ten que ser en galego e punto. Os que piden ensinanza en castelan ou bilingüe non saben onde coño estan, nin onde viven, nin onde van vivir os seus fillos.
E os que queren ensinanza en castelan que o pidan, e que non se escuden en supostos liberdades ou en bilingüismos.
E por suposto non apoio a violencia de ningun tipo.
Publicar un comentario