E xa vai un ano. Un ano pasou desde o post anterior, e durante ese tempo abrinme camiño noutros mundos, noutras linguas e con outras persoas, noutros temas, e foime ben. Incluso moi ben. Fixen amigos, coñecinme un pouco máis a min mesma e logrei o que tanto tempo levaba querendo: empezar a gañarme a vida escribindo.
Pero, sinceramente, teño que dicir que boto moito de menos a miña casiña orixinaria, a de colorines, a que sempre agarda a que volva pacientemente, co seu tellado a medio tellar, a súa madeira que protesta a cada paso e o seu olorciño a humidade que nin en pleno mes de agosto abandona as habitacións amarelas, verdes, azuis e granates.

Pero aquí estamos de novo. E esta vez agardo que sexa para quedarme... ou polo menos, para facer desto a miña meta. Pode que pase outro ano antes de que sexa realidade, pode que pasen dous... pero polo menos teño claro o que quero.
Porque non hai nada como irse para saber ata que punto desexas voltar.